Confederación Sindical de Comisiones Obreras | 19 marzo 2024.


E por que non?
Afíliate

Para que a dirección da túa empresa e as organizacións empresariais non impoñan os seus intereses e decisións.

Para que as administracións públicas teñan en conta as nosas demandas. Porque xuntos, si podemos.

CCOO debe a súa independencia e a súa forza aos afiliados e afiliadas. O voso apoio garante a nosa representatividade e a nosa capacidade de reivindicación e proposta.

CCOO é imprescindible nas empresas para axudarche a resolver os teus problemas e para que se cumpran os convenios colectivos e o dereito laboral.

CCOO é necesario para conseguir mellores condicións de traballo, mellores salarios, novos dereitos, a través da negociación dos convenios colectivos, da relación permanente cos empresarios e da interlocución coas administracións central e autonómica.

A forza de CCOO é unha garantía para que se manteña e mellore o sistema de protección social: as pensións, a protección por desemprego, a protección ás persoas con dependencias.

CCOO conta cos mellores servizos de asesoramento sindical, xurídico e técnico que pon ao teu dispor como afiliado e afiliada.

CCOO proporciónache información sobre a situación económica e laboral, e das posibles alternativas sindicais.

CCOO axúdache para que teñas acceso á formación profesional, decisiva para encontrar ou mellorar o emprego.

Como afiliado ou afiliada, CCOO pon ao teu dispor diversos servizos en ámbitos como a vivenda, os seguros, os fondos de pensións, tempo libre.

A cota sindical* é deducible na declaración da renda. Ademais, coa cota tes dereito a un seguro de vida en caso de accidente.

CCOO é o primeiro sindicato en afiliación, representatividade e presenza nas empresas.

COTAS MENSUAIS VIXENTES NO 2020:

Cota superreducida (S): 3 euros mensuais. Aplicable ás persoas que non perciban retribucións, ingresos nin prestacións ou, no caso de as percibiren, que sexan en contías brutas iguais ou inferiores a 7000 euros. Esta cota será revisable cada doce meses cos ingresos, xa sexan certos ou os previstos para cada exercicio.

Cota especial (E): 7,15 euros mensuais. Aplicable a todas as persoas con retribucións, ingresos ou prestacións brutas comprendidas entre 7001 e 14.000 euros.

Cota xeral reducida (G): 12,10 euros mensuais. Aplicable a todas as persoas cuns ingresos ou prestacións anuais brutas comprendidas entre 14.001 e 24.000 euros anuais.

Cota xeral ordinaria (V): 13,50 euros mensuais. Aplicable a todas as persoas cuns ingresos ou prestacións anuais superiores a 24.001 euros.

Cotas xerais de pensionistas e xubilados (S, E, R). Aplicable ás persoas cos seguintes tramos retributivos:

— No primeiro tramo de ingresos (de 0 a 7000 euros) aplicarase a cota superreducida (S).

— No seguinte tramo, con ingresos comprendidos entre 7001 e 14.000 euros, aplicarase a cota especial (E).

— Para os ingresos brutos superiores a 14.000 euros, aplicarase unha cota de 10,20 euros mensuais denominada cota xeral de pensionistas e xubilados (R).

Cota militante (M): 16,90 euros mensuais. É unha forma de cota voluntaria.