Confederación Sindical de Comisiones Obreras | 23 abril 2024.

INFORMES SOCIOLABORALES Y DE BRECHA SALARIAL

Análise do mercado laboral desde a perspectiva de xénero

    CADERNOS do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, elaborfado por la Secreraría da Muller e Gabinete Técnico Económico de Comisións Obreiras Galicia.

    27/03/2019.
    Análise do mercado laboral desde a perspectiva de xénero.

    Análise do mercado laboral desde a perspectiva de xénero.

    A SITUACIÓN da muller no mercado de traballo galego segue sendo moi precaria e así se revela neste informe. O insuficiente investimento das políticas públicas para desenvolver as medidas que conducirían á igualdade real é a razón de que esa situación non mellore: a temporalidade e a xornada parcial, a segregación ocupacional, o desemprego, a fenda salarial, a persistencia do teito de cristal, o acoso sexual ou por razón de sexo, os déficits na conciliación e a corresponsabilidade, a menor protección social e a fenda nas pensións persistirán mentres non exista o convencemento e vontade política de corrixilas.

    A maior cualificación e formación profesional deberían ser factores que promovesen as mulleres galegas en postos de traballo con altas capacidades. Mais a segregación sexual segue sendo tan forte en determinadas profesións, que as mulleres ocupan postos con escasa cualificación, baixa remuneración e pouco prestixio social.

    Todos estes factores contribúen a que as mulleres atopen dificultades en Galicia para acceder a un traballo digno e de calidade, e isto ten consecuencias inmediatas: o elevado número de mozas moi cualificadas que se acollen á emigración forzosa e a incapacidade de fixar poboación nova e inmigrante.

    As políticas públicas deben enfocarse a crear expectativas laborais de calidade e afrontar as profundas transformacións sociais. A articulación de medidas de conciliación e corresponsabilidade que posibiliten proxectos de futuro debe ser asumida dende todos os ámbitos —político, empresarial, social, educativo....— ou, se non, toparemos serias dificultades para abordar o reto demográfico que ten Galicia desde hai décadas.

    A discriminación que acumulan as mulleres ao longo da súa vida laboral repercute na contía das pensións. Urxe idear unha estratexia para eliminar e previr a fenda de xénero nesta franxa de idade, porque a poboación maior está empobrecida e é vulnerable.

    Atacar eficazmente as desigualdades sociais, concentrar esforzos, recursos e espazos nas políticas públicas orientadas ás mulleres será o único xeito de conseguir que a sociedade galega sexa en si mesma un proxecto de futuro.

    Nestes momentos, máis ca nunca, hai que investir en traballo decente e igualdade de xénero.

    Mamen Sabio Sanz, secretaría de Muller e Igualdade Sindicato Nacional CCOO de Galicia.